luns, 25 de novembro de 2019

Magosto 2019

O martes 19, celebramos no cole o MAGOSTO, que este ano polo tempo non puido ser no patio do cole. Aínda así o tempo non foi capaz de que deixáramos de pasalo xenial!!!
Primeiro os nenos de infantil fixemos xogos tradicionais no pavillón. Que ben o pasamos!!
 E pola tarde tocounos aos maiores que xogamos por quendas a seis xogos tradicionais:

A CORDA
O PANO
OS AROS MUSICAIS

O BRILÉ


O TIRASOGA
O TÚNEL POR RELEVOS
E despois de tanto xogar e pasalo super ben, chegou a hora de desfrutar dun chocolate quente boísimo con biscoitos e castañas.

Que rico estaba todo!!


domingo, 17 de novembro de 2019

O corazón está do teu lado

Fai uns días, os alumnos e alumnas de 1º e 2º tivemos unha visita. Veunos visitar Latexo que tiña unha cousa super importante que contarnos.

Coma todos sabemos, o corazón está do noso lado esquerdo e resulta que cando non hai beirarrúas é por onde hai que camiñar. 

Non vos parece interesante? 

Nos non o sabiamos e agora seremos mellores peóns grazas a latexo.

Grazas por visitarnos latexo e ensinarnos tantas cousas!!