martes, 23 de xuño de 2020

Ondas sonoras

Os nenos e nenas de toda primaria fixeron dous experimentos musicais relacionados coa propagación das ondas sonoras a través da auga e do aire. Deixámosvos un vídeo explicativo para que o podades facer na casa e tamén o noso traballo.

Esperamos que vos guste!

COPAS MUSICAIS







EXPERIMENTO MUSICAL





luns, 22 de xuño de 2020

Experimentos caseiros (1ºB)

Os nenos e nenas de 1º B convertémonos en verdadeiros científicos nas nosas casas. Fixemos catro experimentos relacionados co tempo e co clima. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do noso traballo e tamén un vídeo explicativo para que tamén os podades facer. Animádevos, pasarédelo xenial.

Esperamos que vos gusten tanto como nos gustou a nós facelos!!

TREBOADA DE CORES

 



FURACÁN




 

ARCO DA VELLA




CICLO DA AUGA


martes, 16 de xuño de 2020

Nubiña Pascual

Neste curso, o cole participa no proxecto Meteoescolas. Os nenos e nenas de 2º de primaria quixemos aportar un conto sobre o tempo.  Dende as nosas casas, ímosvos contar o conto titulado "Nubiña Pascual". Esperamos que vos guste.