martes, 23 de xuño de 2020

Ondas sonoras

Os nenos e nenas de toda primaria fixeron dous experimentos musicais relacionados coa propagación das ondas sonoras a través da auga e do aire. Deixámosvos un vídeo explicativo para que o podades facer na casa e tamén o noso traballo.

Esperamos que vos guste!

COPAS MUSICAIS







EXPERIMENTO MUSICAL





luns, 22 de xuño de 2020

Experimentos caseiros (1ºB)

Os nenos e nenas de 1º B convertémonos en verdadeiros científicos nas nosas casas. Fixemos catro experimentos relacionados co tempo e co clima. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do noso traballo e tamén un vídeo explicativo para que tamén os podades facer. Animádevos, pasarédelo xenial.

Esperamos que vos gusten tanto como nos gustou a nós facelos!!

TREBOADA DE CORES

 



FURACÁN




 

ARCO DA VELLA




CICLO DA AUGA


martes, 16 de xuño de 2020

Nubiña Pascual

Neste curso, o cole participa no proxecto Meteoescolas. Os nenos e nenas de 2º de primaria quixemos aportar un conto sobre o tempo.  Dende as nosas casas, ímosvos contar o conto titulado "Nubiña Pascual". Esperamos que vos guste.



mércores, 26 de febreiro de 2020

Aniversarios saudables do primeiro trimestre

Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria celebramos cunha merenda moi saudable, o aniversario dos nosos compañeiros e compañeiras que cumpriran anos no primeiro trimestre.
Nesta ocasión quixemos unir dous proxectos que se levan a cabo no cole este curso escolar. Por un lado, o proxecto "Aliméntate ben" e por outro lado o proxecto "Meteoescolas".
Como o fixemos? Moi sinxelo. 
Con froitas fixemos uns ricos pinchos e con estes un fermoso Arco da Vella. 

Quedounos xenial e o mais importante... estaban riquísimos!!

PARABÉNS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRA!!


xoves, 9 de xaneiro de 2020

Os nenos e nenas de 6º de infantil despiden o outono

Os nenos e nenas de 6º de Infantil (5 anos), despedimos o Outono coa canción "Outono" de Uxía Lambona e a Banda Molona. 

Deixámosvos o vídeo para que vexades que ben nos quedou!!