luns, 2 de decembro de 2019

Excursión de 1º e 2º a Chantada

O venres os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria, fomos de excursión a Chantada a visitar a Anxo Moure.



Alí, en plena natureza desfrutamos moito do que se atopaba ao noso arredor e sobre todo fixemos moitas actividades con el:

Escoitamos un conto na casa da árbore


Fixemos Land Art 

Ensinounos o nome das árbores
Xogamos no parque que ten na natureza
Visitamos o "Cinema Palleiriso"

En definitiva estivemos en contacto coa natureza e por iso llo agradecemos cuns abrazos fermosísimos ás árbores que alí había.


Pasámolo xenial!!

luns, 25 de novembro de 2019

Magosto 2019

O martes 19, celebramos no cole o MAGOSTO, que este ano polo tempo non puido ser no patio do cole. Aínda así o tempo non foi capaz de que deixáramos de pasalo xenial!!!
Primeiro os nenos de infantil fixemos xogos tradicionais no pavillón. Que ben o pasamos!!
 E pola tarde tocounos aos maiores que xogamos por quendas a seis xogos tradicionais:

A CORDA
O PANO
OS AROS MUSICAIS

O BRILÉ


O TIRASOGA
O TÚNEL POR RELEVOS
E despois de tanto xogar e pasalo super ben, chegou a hora de desfrutar dun chocolate quente boísimo con biscoitos e castañas.

Que rico estaba todo!!


domingo, 17 de novembro de 2019

O corazón está do teu lado

Fai uns días, os alumnos e alumnas de 1º e 2º tivemos unha visita. Veunos visitar Latexo que tiña unha cousa super importante que contarnos.

Coma todos sabemos, o corazón está do noso lado esquerdo e resulta que cando non hai beirarrúas é por onde hai que camiñar. 

Non vos parece interesante? 

Nos non o sabiamos e agora seremos mellores peóns grazas a latexo.

Grazas por visitarnos latexo e ensinarnos tantas cousas!!

mércores, 30 de outubro de 2019

Concerto da Escola de Música Moderna de Monforte

Fai uns días, foi un día xenial, porque tivemos no cole a oportunidade de escoitar un concerto ben divertido que nos viñeron ofrecer os mestres e mestras da Escola de Música Moderna de Monforte.



Escoitamos varios temas de diferentes estilos e tiñamos que adiviñalos. E por último como pedimos que nos tocaran outra, improvisaron no momento unha canción nova. Como vedes... ENCANTOUNOS!!!


PASÁMOLO XENIAL!!









luns, 9 de maio de 2016

EXTRAESCOLARES

ESTE CURSO COMO EN CURSOS ANTERIORES REALIZARONSE DIVERSOS MURAIS COMMEMORATIVOS EN DATAS SINALADAS. COMEZAMOS CUN MURAL DO OUTONO:



TAMÉN SE REALIZOU UNHA EXPOSICIÓN DE DISTINTAS VARIEDADES DE CASTAÑAS:

25 de noviembre de 2015: Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

 


 



SAMAÍN

 No Samaín coa colaboración do persoal de cociña o menú foi moi divertido...










NADAL

Esta curso o noso cole participa como outros anos no programa " voz natura" cuio proxecto son as 3R. Por ese motivo no nacemento feito no cole empregaronse materiais de reciclaxe:

.

10 de decembro de 2015: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

 

30 de xaneiro de 2016: Día Escolar da non Violencia e da Paz.

 

 ANTROIDO

NO ANTROIDO FIXEMOS O COMPADRE E A COMADRE:


 

















PRIMAVERA 

8 DE ABRIL: DÍA DA ETNIA XITANA